Transparencia contigo, honestidade connosco mesmos
1.5.2. Que documentación preciso para dar parte?
1.5.3. Cando pode durar a miña baixa?
1.5.5. A miña baixa vaise prolongar porque me xurdiu unha complicación, que teño que facer?
1.5.6. Como cobro a miña baixa?
1.5.7. Podo cobrar antes de finalizar a miña baixa?
As preguntas máis frecuentes teñen resposta
- Seguro de baixa laboral
- Que é?
- Que é o seguro de baixa laboral?
É un seguro que che garante unha prestación económica. Aplícase no caso de que sufras unha incapacidade laboral temporal total (baixa laboral) que che impida realizar o teu traballo habitual. Esta pode ser causada por accidente ou por unha doenza, sen ningunha distinción. A prestación varía en función da cantidade que asegurases.
- Que é o seguro de baixa laboral?
- Contratación
- Quen pode contratalo?
Deberás estar dado de alta como autónomo (réxime RETA) e ter entre 16 e 65 anos.
- Que é a franquía?
A franquía é unha opción que che damos por se queres facer un pouco máis económico o teu seguro. Podes elixir entre non incluíla, ou incluír 7, 15 ou 30 días. E como funciona? Por exemplo, se elixiches 7 días, significa que no caso de baixas inferiores a 7 días non cobrarás nada. Se a baixa é superior, comezarás a recibir a túa prestación a partir do sétimo día.
- Que é unha profesión excluída?
As aseguradoras traballamos con base en estatísticas, e estas indican que certos traballos teñen un risco moi elevado de sufrir un accidente ou unha doenza. Este tipo de profesións están excluídas da nosa cobertura estándar.
Sempre podes chamarnos ao teléfono gratuíto 900 103 057 e veres se podemos ofrecerche un seguro que se adapte ao teu tipo de traballo. - Que é a enquisa de saúde?
É unha declaración de saúde que se realiza antes de asinar o teu seguro. Este cuestionario permítenos facer unha avaliación do risco á hora da contratación, pero dunha forma máis sinxela que se tiveses que ir a un médico.
É un documento importante, e ten validez legal, polo que, se omites algunha información importante á hora de contratares o teu seguro, este non terá efectos. - Que pasa se non supero o cuestionario de saúde?
En función das túas respostas poden darse diferentes escenarios.
● Que poidamos asegurarte, pero con algunhas exclusións. Neste caso se che parece ben podes finalizar o teu proceso e contratares o seguro.
● Que teñamos certas dúbidas e precisemos documentación adicional para pechar a contratación. Nese caso deberás seguir o proceso vía telefónica a través do 900 103 057.
● Que non poidamos asegurarte. De todas formas poderás chamarnos ao noso teléfono gratuíto e ver se podemos solucionalo. - Como podo pagalo?
Os nosos seguros poden pagarse mediante tarxeta bancaria (crédito o débito), ou mediante domiciliación.
En calquera das modalidades poderás elixir se queres fraccionar o pagamento:
● Trimestral
● Semestral
● Anual
Cantos menos pagamentos elixas ao ano, máis desconto terás sobre o prezo final do teu seguro. - Que pasa se cambian as miñas condicións laborais despois de contratalo?
Se cambia calquera das túas condicións, por exemplo, que deixes de ser autónomo e pases ao réxime xeral, deberásnolo comunicar.
Chamarémoste entón para reformular as condicións do teu seguro, que cambiarán con relación ao prezo e cobertura. - Hai permanencia?
Cando contratas algún dos nosos seguros estalo a facer cunha vixencia dun ano, e cando o renovas tamén.
Existen certas excepcións. Por exemplo, no caso de que cambie a túa situación profesional (pases de conta allea a conta propia, ou ao revés), ou pases a situación de desemprego ou xubilación, deberás indicárnolo para cancelar o teu contrato.
Unha vez revisado o teu caso, devolveriámosche a parte proporcional do teu seguro que pagaras, pero non vas consumir. - A idade inflúe no prezo?
Si. A idade é unha das variables que determina o prezo final do teu seguro. Pero non é a única: tamén influirá o peso, a túa estatura ou a profesión.
- Se teño algún problema de saúde, cúbremo a póliza?
Antes de nada deberemos analizar a túa situación. Unha vez revisado o teu caso, en ocasións poderemos cubrir o teu problema de saúde, noutras teremos que excluílo da túa póliza.
- Renóvase automaticamente e coas mesmas condicións?
O teu seguro renóvase automaticamente se non nos dis o contrario. Iso si, o prezo do teu seguro pode variar dun ano a outro.
- Quen pode contratalo?
- Que cobre e carencias
- É un seguro baremado?
Non, o que contratas é o que tes. A diferenza doutros seguros, nós, por cada día que esteas de baixa, pagarémosche a cantidade íntegra que asegurases, ata o día que poidas incorporarte á túa actividade profesional.
- Cales son as coberturas?
Cubrímoste fronte a unha baixa laboral, tanto se se produce por accidente, laboral ou non; así como por calquera tipo de doenza.
Tamén se inclúen as patoloxías das costas, visuais, auditivas e dentais, que moitos seguros adoitan excluír.
Ademais, estarás cuberto no caso de trastornos mentais e psiquiátricos se esixen a túa hospitalización.
E se practicas deporte sen ser de maneira profesional tamén estarás cuberto. - Cando entra en funcionamento o meu seguro?
O teu seguro entra en vigor desde o momento no que o contratas e asinas dixitalmente a túa póliza. A partir dese momento estarás cuberto.
- Existe carencia?
Este seguro non ten carencia, excepto no caso das doenzas relacionadas co embarazo, parto e posparto. Nestes casos a carencia que se esixe é de 12 meses. E dicir, para teres dereito á cobertura de baixa laboral por dita situación ou á prestación por parto deberás levar connosco máis dun ano.
- Que son as exclusións?
Trátase de todas aquelas situacións especiais que non estarían cubertas polo teu seguro. Neste caso serían as seguintes:
● A prestación dos servizos médicos e cirúrxicos.
● O pago dos gastos de asistencia médica e farmacéutica.
● As alteracións da saúde, crónicas ou non, así como as lesións ou defectos anteriores á data de contratación do seguro.
● O aborto e calquera alteración no estado de saúde durante a baixa de maternidade.
● Os trastornos desencadeados polo estrés e outros trastornos mentais sen hospitalización.
● SIDA e doenzas causadas por VIH.
● Fibromialxia e a Síndrome de Fatiga Crónica.
● As alteracións da saúde a causa dunha guerra civil ou internacional.
● As alteracións por enerxía atómica ou nuclear, salvo que sexa secuela por tratamento médico.
● As epidemias e/ou pandemias declaradas oficialmente e todos os riscos declarados oficialmente como catastróficos.
● Doenzas ou accidentes causados pola inxestión de bebidas alcohólicas.
● A toxicomanía e o intento de suicidio.
● As alteracións de saúde por actos médicos ou tratamentos voluntarios do asegurado cuxa orixe non sexa doenza ou accidente.
● As doenzas e accidentes producidos nos deportes practicados con carácter profesional.
● As secuelas, agravamentos, consecuencias, complicacións e tratamentos específicos das exclusións mencionadas. - Cobre a maternidade?
En caso de maternidad damos una prestación única por parto, y es que durante la misma se suspende tu actividad profesional, por lo que no tendría mucho sentido un seguro de baja laboral.
Porén, estarás cuberta no caso de procesos de baixa laboral derivados dunha doenza relacionada co embarazo e coas complicacións que puidesen darse tras o parto a consecuencia do mesmo.
Neste caso terías unha carencia de 12 meses Isto é así para poder evitar fraudes. - Cúbreme no estranxeiro?
Non importa onde te puxeses doente ou onde tiveses o teu accidente: o noso seguro ten cobertura mundial.
- É un seguro baremado?
- Vantaxes fiscais
- Podo desgravar o seguro?
Si podes deducir os gastos xerados por este seguro, de igual modo que no resto de servizos de saúde que teñas. Poderás facelo sempre e cando sexas autónomo que tributa por actividade económica no IPRF por estimación directa, este gasto é deducible ata un máximo de 500 €. Esta dedución é posible coa actual normativa tributaria. Non nos responsabilizamos do cambio desta.
- Onde podo ver meus recibos?
Todos os teus recibos están dispoñibles na túa área de cliente. Desde aí poderás descargalos en formato pdf, así coma túa póliza.
- Podo desgravar o seguro?
- Como se usa o seguro
- Como dou un parte?
No caso de accidente ou doenza deberás avisarnos antes de que pasen 7 días. Podes facelo por correo electrónico ou no teléfono gratuíto 900 103 057.
Despois, para que fagamos a tramitación, saca unha foto do teu parte de baixa e envíanola por correo electrónico a siniestroscentral@previsionmallorquina.com ou súbea á túa área de cliente.
Procura que na foto se vexan ben todos os datos, porque senón non servirá. - Que documentación preciso para dar parte?
Intenta mandarnos toda a documentación que estea no teu poder relacionada coa baixa. Así non teremos que pedirche nada e todo será máis rápido. De todos os modos a documentación mínima que precisamos é a seguinte:
● Parte de Baixa da Seguridade Social ou Declaración de Sinistro facilitada pola compañía aseguradora.
● Relatorios de primeira asistencia ou alta hospitalaria, de ser o caso.
● Relatorios médicos relativos ao sinistro (probas diagnósticas, derivacións, relatorios de evolución, etc.)
● Parte de Alta da Seguridade Social ou Documento facilitado pola compañía aseguradora. - Cando pode durar a miña baixa?
O tempo máximo de cobertura do proceso causante d’unha baixa laboral poderá ser ata 365 días. A partir de aí deixarás de recibir a prestación, dado que consideramos que quizais a túa debería deixar de ser temporal e tornarse permanente.
- Canto tempo transcorre entre que comunico a miña e iniciades as xestións? Tardades en contestar sobre o meu proceso de baixa?
O inicio da xestión do sinistro prodúcese no mesmo día en que nolo comunicas. Nos días seguintes pómonos en contacto contigo para asesorarte sobre como xestionalo e esclarecerche calquera dúbida que che puidese xurdir.
- A miña baixa vaise prolongar porque me xurdiu unha complicación, que teño que facer?
Durante todo o transcurso do sinistro o noso persoal de prestacións estará ao teu lado. Por iso calquera circunstancia extraordinaria que se produza nese tempo, bastará con que nos envíes a documentación necesaria e nós xestionámolo.
- Como cobro a miña baixa?
O pagamento da indemnización da baixa farase principalmente mediante transferencia bancaria, aínda que tamén usamos nalgún caso cheque nominativo ou pagamento por nota promisoria.
- Podo cobrar antes de finalizar a miña baixa?
Gústanos estar cando máis o precises. Por iso, se a túa baixa é de longa duración (máis de dous meses), poderemos concederche un anticipo a conta da indemnización final. Así, terás uns ingresos en canto non poidas traballar.
- Denegástesme a prestación. Como podo reclamar?
Se estás desconforme coa nosa decisión e precisas reclamar, poderás pórte en contacto co noso Servizo de Atención ao Cliente.
● Teléfono 900 103 057, con horario de luns a xoves de 9-14 h e de 15-18 h. Os venres de 8.30-14.30 h.
● Correo electrónico sac@previsionmallorquina.com
● Ou acceder directamente á túa Área de Cliente e efectuar a reclamación. - Hai un erro no meu proceso. Como o soluciono?
Se se produce un erro no teu proceso de contratación (a páxina non se carga, por exemplo), basta con que peches a lapela e volvas entrar. Poderás recuperar a túa oferta e volver á parte do proceso en que quedaras.
De todas as formas, se a anomalía persiste, podes chamar ao noso teléfono gratuíto de Atención ao Cliente: 900 103 057
- Como dou un parte?
- Que é?
- Seguro de hospitalización
- Que é?
- Que é o seguro de hospitalización?
É un seguro que che garante unha indemnización por cada día de hospitalización ininterrompida superior a 24 horas. A hospitalización pode ser nun centro sanitario, nunha clínica ou nun hospital, e as causas poden ser tanto por doenza como por accidente, sen ningunha distinción. A indemnización varía en función da cantidade que asegurases.
- Que é o seguro de hospitalización?
- Contratación.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Quen pode contratalo?
Este seguro pode contratalo calquera persoa que queira unha cobertura por hospitalización e teña entre 5 e 60 anos.
- Quen pode contratalo?
- Que cobre e carencias.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Que é a prestación por intervención cirúrxica e como se calcula?
Tratase dun complemento para o teu seguro de hospitalización que está presente nalgunhas opcións. É unha indemnización única no caso de que teñan que operarte. Para o seu cálculo baseámonos na cantidade asegurada multiplicada polo tanto por mil que fixa a táboa de indemnizacións. Por exemplo, se a túa cobertura é de 6000 € e te operan dunha hernia discal (marcado na táboa como 250) cobrarías 6000*(250/1000)= 1500 €.
Para cubrir esta prestación pedirémosche unha carencia de 3 meses se é por doenza, no caso de accidente é inmediato. - Que é a prestación por UCI?
É un complemento para o teu seguro de hospitalización, dispoñible nalgunhas opcións de contratación. Por cada día que permanezas internado nunha Unidade de Coidados Intensivos, sempre por un prazo superior a 24 horas e ata un máximo de 20 días, recibirás unha cantidade complementaria.
- Cales son as coberturas?
Cubrímoste fronte a unha hospitalización por accidente, laboral ou non, así como por doenza.
- Existe carencia?
O seguro non ten carencia no caso de hospitalización por accidente. Se a hospitalización se debe a unha doenza, a carencia é de 3 meses. É dicir, para teres dereito á cobertura de baixa laboral deberás levar connosco polo menos tres meses.
- Que son as exclusións?
Trátase de todas aquelas situacións especiais que non estarían cubertas polo teu seguro. Neste caso serían:
● A prestación dos servizos médicos e cirúrxicos.
● O pago dos gastos de asistencia médica e farmacéutica.
Ademais, quedarían excluídas as hospitalizacións orixinadas por:
● Alteracións de saúde, crónicas ou non, así como as lesións ou defectos anteriores á data de contratación do seguro.
● Todas as alteracións de saúde, lesións ou defectos anteriores a contratar o seguro cuxas primeiras manifestacións coñecidas durante o período de carencia, aínda que estivesen na fase de estudo.
● Calquera deporte practicado con carácter profesional ou se estás inscrito nunha Federación Deportiva e participas en competición deportiva.
● Doenzas ou trastornos mentais e do comportamento, incluído o estrés.
● SIDA e doenzas causadas por VIH.
● Inxestión de bebidas alcohólicas, por toxicomanía ou por intento de suicidio, así como as súas secuelas.
● Embarazo, aborto ou parto, así como as súas secuelas.
● Doenzas dexenerativas do sistema nervioso central.
● Exames e tratamentos médicos periódicos, controis e estancias en asilos, xeriátricos, balnearios ou centros de actividade similar.
● Cirurxía plástica ou reparadora, salvo operacións necesarias por un accidente ocorrido durante a vixencia do seguro para reparar o dano causado.
● Tratamentos adelgazantes, esterilizacións, programas de fertilidade e inseminación artificial.
● As secuelas, agravamentos, consecuencias, complicacións e tratamentos específicos das exclusións mencionadas. - Cobre a maternidade?
Non. Entre as exclusións deste seguro atópase o embarazo, aborto e parto, así como as súas consecuencias e secuelas.
- Que é a prestación por intervención cirúrxica e como se calcula?
- Que é?
- Seguro de doenzas graves
- Que é?
- Que é o seguro de doenzas graves?
É unha prestación que recibirás por cada día de baixa (incapacidade laboral temporal total) por causa dalgunha das doenzas graves que marcamos.
- Cales son as doenzas graves?
A relación de doenzas graves é a seguinte:
● Infarto de miocardio.
● Cancro ou neoplasia maligna.
● Insuficiencia renal crónica irreversible.
● Transplante de órganos vitais.
● Esclerose múltiple.
● Cirurxía de arterias coronarias.
● Accidentes vasculares cerebrais.
● Párkinson.
● Queimaduras graves de terceiro grao.
● Substitución de válvulas cardíacas.
- Que é o seguro de doenzas graves?
- Contratación.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Quen pode contratalo?
Este seguro está dirixido ao público en xeral, aínda especialmente deseñado para autónomos e profesionais liberais. Pódese contratar desde os 16 ata os 60 anos.
- Quen pode contratalo?
- Que cobre e carencias.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Existe unha carencia para este seguro?
Existe unha carencia de dous meses. É dicir, antes de que comeces o teu proceso diagnóstico, deberás levar connosco polo menos dous meses.
- Cales son as coberturas?
Estarás cuberto fronte a unha baixa laboral provocada por algunha das doenzas que indicamos como graves.
- Que son as exclusións?
Trátase de todas aquelas situacións especiais que non estarían cubertas polo teu seguro. Neste caso serían as seguintes:
● Todas as alteracións de saúde non incluídas nas doenzas graves.
● Períodos de incapacidade temporal anteriores ao día que se diagnostica de forma definitiva e, por primeira vez, a doenza grave.
● Que exista unha preexistencia. É dicir, que haxa alteracións de saúde, crónicas ou non, lesións ou defectos que as súas primeiras manifestacións fosen coñecidas antes de contratar o seguro.
● As doenzas causadas por VIH.
● As alteracións de saúde por causa de terrorismo.
● As alteracións por enerxía atómica ou nuclear, salvo que sexa por tratamento médico.
● Doenzas ou accidentes causados directa ou indirectamente pola inxestións de bebidas alcohólicas.
● A toxicomanía e o intento de suicidio, as súas consecuencias e secuelas.
● As alteracións de saúde por someterte a tratamentos voluntarios cuxa orixe non sexa a doenza ou accidente.
● As secuelas, agravamentos, consecuencias, complicacións e tratamentos específicos das exclusións mencionadas.
- Existe unha carencia para este seguro?
- Que é?
- Seguro de gardas médicas
- Que é?
- Que é o seguro de gardas médicas?
É un seguro especialmente deseñado para médicos hospitalarios. Facultativos que traballan en centros públicos ou privados e que unha parte importante dos seus ingresos vén por quendas de garda realizadas. O seguro garante unha prestación por cada quenda de garda que perdas por estares de baixa (por doenza ou accidente).
- Que é o seguro de gardas médicas?
- Contratación.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Quen pode contratalo?
Calquera médico hospitalario, quer de centros públicos, quer de privados. Calquera médico hospitalario ata os 54 anos. Produto de venda só para COLECTIVOS desde xaneiro de 2022.
- É compatible con outros seguros?
É totalmente compatible con outros seguros do mesmo ramo que teñas con outras aseguradoras. Tamén poderás compatibilizalo coas coberturas dos diferentes réximes da Seguridade Social.
- Inclúe franquía?
Si, o seguro inclúe unha franquía de 3 días. Polo que, se estás de baixa laboral, o seguro empezará a cubrir as túas gardas a partir do terceiro día.
- Quen pode contratalo?
- Que cobre e carencias.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Existe unha carencia para este seguro?
Non hai ningún prazo de carencia. Desde que contratas o teu seguro estarás cuberto.
- Cantas gardas cobre?
Garantimos ata 8 quendas de garda médica por mes.
- Cales son as coberturas?
Cubrimos as gardas médicas que non poidas realizar por causa dunha baixa laboral. Non importa se a causa da baixa é unha doenza ou accidente, sempre estarás asegurado.
- Que son as exclusións?
Trátase de todas aquelas situacións especiais que non estarían cubertas polo teu seguro. Neste caso serían as seguintes:
● A prestación dos servizos médicos e cirúrxicos.
● O pago dos gastos de asistencia médica e farmacéutica.
● Que exista unha preexistencia. É dicir, que haxa alteracións de saúde, crónicas ou non, lesións ou defectos que as súas primeiras manifestacións fosen coñecidas antes de contratar o seguro.
● As alteracións da saúde a causa dunha guerra civil ou internacional.
● As alteracións por enerxía atómica ou nuclear, salvo que sexa secuela por tratamento médico.
● As epidemias declaradas oficialmente e todos os riscos declarados oficialmente como catastróficos.
● A toxicomanía e o intento de suicidio, as súas consecuencias e secuelas.
● As producidas pola práctica de calquera clase de deporte de forma profesional.
● A embriaguez, as súas consecuencias e secuelas.
● Os procesos patolóxicos que só manifesten dor e non se poidan comprobar de forma obxectiva a través de probas diagnósticas.
● As doenzas e os trastornos mentais, así como as depresións ou doenzas producidas polo estrés.
● As doenzas causadas por VIH.
● As doenzas hereditarias e dexenerativas do sistema nervioso central.
● Embarazo, aborto ou parto, así como as súas secuelas.
● As alteracións de saúde por someterte a tratamentos voluntarios cuxa orixe non sexa a doenza ou accidente.
● As secuelas, agravamentos, consecuencias, complicacións e tratamentos específicos das exclusións mencionadas.
- Existe unha carencia para este seguro?
- Que é?
- Seguro de decesos
- Que é?
- Que é o seguro de decesos?
Trátase dun seguro que che garante a cobertura dos gastos do servizo fúnebre.
- Que é o seguro de decesos?
- Contratación
- Quen pode contratalo?
Calquera persoa ata os 70 anos.
- A idade inflúe no prezo?
Si, a túa tarifa será progresiva en función da idade á cal contrates o teu seguro, axustando o que che toca pagar cada ano.
- Pódese contratar o seguro se teño un nicho en propiedade?
Si, desde logo: teñas nicho ou non en propiedade, podes contratalo, tendo así cobertura na apertura e peche do nicho.
- Que é a solicitude de seguro?
A solicitude de seguro é un documento importante, e ten validez legal, polo que, se omites algunha información importante á hora de contratar o teu seguro, este non producirá efectos. As preguntas do cuestionario da solicitude son moi básicas e só existe unha pregunta de estado de saúde por se padeciches ou padeces algunha doenza grave ao contratares o seguro.
- Que pasa se non é apta a miña solicitude de seguro?
É raro que non poidamos asegurarte, só en casos de que teñas máis de 70 anos. De todas as formas poderás pórte en contacto co noso servizo de atención ao cliente para ver que podemos facer por ti.
- Teño permanencia?
O seguro ten carácter mensual e renóvase automaticamente, sen que teñas que facer nada. Se nalgún momento decides marchar, deberás avisarnos cun mes de antelación.
- Como podo pagalo?
O noso seguro de decesos pode pagarse mediante domiciliación bancaria. Se queres poderás agrupar o pagamento das túas mensualidades:
● Mensual
● Trimestral
● Semestral
● Anual
Non aplicamos recargos por fraccionamento do pagamento.
- Quen pode contratalo?
- Que cobre e carencias
- Cales son as coberturas?
O seguro de decesos cobre a prestación do servizo fúnebre contratado segundo o importe do capital asegurado. O custo dos servizos contratados variará segundo a zona onde estes se presten.
- Podo escoller entre enterro ou incineración?
Desde logo que si, pode escoller unha ou outra opción, ambas están cubertas.
- Existe carencia?
Este seguro non ten carencia.
- Que pasa se o enterro é nun lugar diferente ao do falecemento?
O noso seguro ten cobertura nacional. Así que, se o falecemento é dentro de España, nós encargámonos do traslado ata o lugar do enterro.
- Cales son as coberturas?
- Como se usa o seguro
- Como se activa o seguro?
En caso de falecemento, os familiares terán á súa disposición un teléfono de Asistencia Persoal activo 24 horas, 365 días.
Ao chamar recibirán as indicacións precisas para que se leven a cabo os servizos fúnebres. - Que documentación preciso achegar?
Non se precisa máis documentación que ter á man o número de póliza.
Iso si, en caso de que non fose posible prestar o servizo por causas de forza maior, nós resarciremos o capital asegurado. Podemos nese caso solicitarche os xustificantes de gasto dos servizos pagados.
- Como se activa o seguro?
- Que é?
- Seguro de hospitalización por accidente
- Que é?
- Que é o seguro de hospitalización por accidente?
É un seguro que che garante unha indemnización por cada día de hospitalización ininterrompida superior a 24 horas e que sexa debida a unha lesión accidental, laboral ou non. A hospitalización pode ser nun centro sanitario, nunha clínica ou nun hospital.
- Que é o seguro de hospitalización por accidente?
- Contratación.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Quen pode contratalo?
Este seguro pode contratalo calquera persoa que queira unha cobertura por hospitalización e teña entre 5 e 70 anos.
- Existe franquía?
Este seguro non ten franquía, polo que recibirás a túa prestación desde o primeiro momento.
- Quen pode contratalo?
- Que cobre e carencias.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Cales son as coberturas?
Cubrímoste fronte a unha hospitalización por lesión accidental, laboral ou non.
- Existe carencia?
Non. Este seguro non ten ningún tipo de carencia. En caso de accidente non che esiximos ningún tempo dentro da compañía.
- Que son as exclusións?
Trátase de todas aquelas situacións especiais que non estarían cubertas polo teu seguro. Neste caso serían aquelas nas cales nós prestemos os servizos médicos, cirúrxicos ou paguemos os gastos de asistencia médica e farmacéutica. Ademais, quedarían excluídas as hospitalizacións orixinadas por:
● Alteracións de saúde que non teñan consideración de accidente.
● Doenzas de calquera tipo cuxa orixe non teñan carácter traumático: roturas dexenerativas de tendóns, meniscos, etc., procesos vasculares como o infarto de miocardio, hernias de calquera tipo, procesos de costas, aínda cando sexan consideradas como accidente laboral.
● Lesións ou accidentes por practicar un deporte de forma profesional.
- Cales son as coberturas?
- Que é?
- Seguro de hospitalización plus IT
- Que é?
- Que é seguro de hospitalización plus it?
É un seguro que che garante ingresos durante todo o teu tratamento, desde a hospitalización ata a alta. O seguro entra en funcionamento se existe unha hospitalización, dándoche unha indemnización por cada día de hospitalización ininterrompida superior a 24 horas. Pero, ademais, cúbreche o proceso de convalecencia, así por cada día de baixa laboral despois da hospitalización recibirás unha compensación. Ambas as coberturas non se solapan entre elas.
- Que é seguro de hospitalización plus it?
- Contratación.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Quen pode contratalo?
Este seguro é exclusivo para autónomos que teñan entre 16 e 65 anos.
- Existe franquía?
Este produto non ten ningún tipo de franquía, polo que cobrarás desde o primeiro día da hospitalización.
- Quen pode contratalo?
- Que cobre e carencias.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Cales son as coberturas?
Cubrímoste fronte a unha hospitalización e o seu período de convalecencia mentres esteas de baixa laboral. E non importa se a túa hospitalización foi por un accidente ou por unha doenza: sempre estarás cuberto.
- Cando comeza a cubrirme o meu seguro?
O teu seguro activarase en caso de hospitalización. Se a baixa laboral se produce sen un ingreso hospitalario, non estarás cuberto.
- Existe carencia?
No caso de hospitalización por accidente o seguro non ten carencia. Se é por doenza a carencia é de 3 meses. Noutras palabras, deberás levar con este seguro máis de tres meses para que poidamos cubrirte en caso de doenza.
- Que é a prestación por intervención cirúrxica e como se calcula?
Trátase dunha cobertura opcional dentro deste seguro, que complementa a túa prestación. É unha indemnización única no caso de que teñan que operarte. Para o seu cálculo baseámonos na cantidade asegurada multiplicada polo tanto por mil que fixa a táboa de indemnizacións. Por exemplo, se a túa cobertura é de 6000 € e te operan dunha hernia discal (marcado na táboa como 250) cobrarías 6000*(250/1000)= 1500 €.
Para cubrir esta prestación pedirémosche unha carencia de 3 meses se é por doenza; se é por accidente é inmediato. - Que é a prestación por UCI?
É unha cobertura opcional dentro deste seguro. Por cada día que permanezas internado nunha Unidade de Coidados Intensivos, sempre por un prazo superior a 24 horas e ata un máximo de 20 días, recibirás unha cantidade complementaria.
- Existen exclusións?
Si, certas circunstancias non están cubertas por este seguro.
No caso de hospitalización:
● Que Previsión Mallorquina preste os servizos médicos e cirúrxicos.
● Que Previsión Mallorquina pague os gastos de asistencia médica e farmacéutica.
● As alteracións de saúde, crónicas ou non, así como as lesións ou defectos anteriores á data de contratación do seguro, ou que as súas primeiras manifestacións fosen coñecidas con anterioridade.
● O embarazo, aborto e parto, así como as súas secuelas.
● Os trastornos desencadeados polo estrés.
● Doenzas ou trastornos mentais e do comportamento.
● SIDA e doenzas causadas por VIH.
● As doenzas e os accidentes producidos en deportes practicados con carácter profesional.
● As doenzas dexenerativas do sistema nervioso central.
● Exames e tratamentos médicos periódicos de rehabilitación
● Cirurxía plástica reparadora, salvo por necesidade por accidente.
● Tratamentos adelgazantes, esterilizantes ou de inseminación artificial.
● Doenzas ou accidentes causados pola inxestión de bebidas alcohólicas.
● A toxicomanía e o intento de suicidio.
● As secuelas, agravamentos, consecuencias, complicacións e tratamentos específicos das exclusións mencionadas.No caso de incapacidade temporal:
● As alteracións de saúde por actos médicos ou tratamentos voluntarios do asegurado cuxa orixe non sexa doenza ou accidente.
● Fibromialxia e a Síndrome de Fatiga Crónica.
● A realización de calquera actividade laboral por conta allea.
- Cales son as coberturas?
- Que é?
- Seguro de reembolso
- Que é?
- Que é o seguro de reembolso?
Trátase dun seguro pensado para o reembolso dos gastos médicos hospitalarios, das probas de diagnóstico extrahospitalarias complementarias ou de ambas. Ten dúas modalidades.
● Basic. Cobre unicamente os gastos das probas de diagnóstico extrahospitalarias (resonancias, escáner, TAC, etc…).
● Complet. Cobre os gastos médicos hospitalarios. Podes completala coa inclusión das probas diagnósticas, a cobertura de riscos deportivos ou de recentemente nados.
- Que é o seguro de reembolso?
- Contratación.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Quen pode contratalo?
Este seguro pode contratalo calquera persoa entre os 0 e os 60 anos, cunha permanencia que se estende ata os 70 anos.
- Existe franquía?
Si, existe unha franquía do 10% sobre a factura do centro médico ou hospitalario tanto para o produto Basic como para Complet, independentemente do centro ao que se acuda. De cada 10 euros ti pagas 1 e nós 9, sempre ata o límite máximo fixado.
- Quen pode contratalo?
- Que cobre e carencias.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Cales son as coberturas?
Respecto ao reembolso de gastos hospitalarios, o seguro cubrirá os gastos relacionados co equipo médico, o material cirúrxico, medicamentos, UVI, enfermería, visitas médicas no propio centro hospitalario, cuarto e manutención. Respecto ás probas complementarias, a cobertura axústase a aquelas probas que son por prescrición médica.
- Existe carencia?
Para o reembolso de gastos hospitalarios por accidente o seguro non ten carencia. Se é por doenza a carencia é de 6 meses. No caso de embarazo a carencia esténdese ata os 10 meses. Estes prazos aplícanse a calquera das modalidades.
- Que é a tarxeta CS24?
Trátase dunha tarxeta dispoñible nas modalidades Plus e Plus Complet. Con ela terás acceso a un servizo asistencial con máis de 22.000 colaboradores cuns prezos preferenciais, e sempre coñecendo de antemán o custo de cada atención.
- Existen límites máximos de cobertura?
No caso do reembolso das probas diagnósticas, a cobertura ten un límite máximo de 1000 € por proba e cun límite de gastos anuais de 5000 €. Respecto ao reembolso de gastos hospitalarios o mínimo contratable é de 5000 € ata un máximo de 60 000 €.
- Cales son as condicións especiais coas persoas acabadas de nacer?
A cobertura deste seguro estenderase ao bebé nos 7 días tras o nacemento, sempre e cando se cumpran coas seguintes condicións:
● Que os pais teñan o seguro.
● Que a alta da nai no seguro se producise como mínimo 12 meses antes. - Que é a cobertura deportiva?
Trátase dunha cobertura adicional pensada para que esteas cuberto no caso de que practiques deportes de forma profesional, ou participes en competicións deportivas. Polo risco que implica o seguro increméntese un 50 % sobre o seu prezo habitual. Ao tratarse dun caso moi concreto, deberá pecharse por pacto expreso connosco.
- Existen exclusións?
Si, todas as modalidades do seguro contemplan as seguintes exclusións:
● As probas e a hospitalización por anomalías conxénitas, minusvalías, invalideces físicas ou mentais, doenzas e lesións accidentais, así como todas as consecuencias e secuelas apreciadas antes de contratar o seguro.
● Dentes/enxivas, implantoloxía dental, rexeneración ósea, osteointegración, articulación temporomandibular e anomalías dentofaciais.
● O aborto ou a interrupción voluntaria do embarazo e as súas secuelas.
● As doenzas orixinadas por inxerir bebidas alcohólicas, toxicomanía e drogadicción.
● SIDA e doenzas causadas por VIH.
● Lesións pola práctica deportiva profesional, salvo se se contrata expresamente.
● Alteracións de saúde orixinadas por guerra civil ou internacional.
● As alteracións por enerxía atómica ou nuclear, salvo que sexa secuela por tratamento médico.
● As epidemias declaradas oficialmente e todos os riscos declarados oficialmente como catastróficos.
Respecto ás modalidades Complet e Plus Complet, inclúense ademais as seguintes exclusións:
● Os trastornos mentais e o sistema nervioso.
● Exames periódicos, controis, estancias en balnearios ou sanatorios de repouso.
● A cirurxía plástica ou reparadora se non é a consecuencia dun accidente.
● A cirurxía de obesidade e os tratamentos para adelgazar, así como as esterilizacións ou a inseminación artificial.
● As próteses e as pezas anatómicas ortopédicas. Si están cubertas as válvulas cardíacas, marcapasos, próteses de cadeira, próteses de by pass vascular e próteses internas traumatolóxicas.
● Hemodiálise e diálise peritoneal.
● Participación en apostas, desafíos ou contendas, salvo lexítima defensa.
● As autolesións e o intento de suicidio.
Respecto a a modalidade Basic, contémplanse adicionalmente as seguintes exclusións:
● Calquera medio diagnóstico ou tratamento de terapia xenética.
● Calquera proba diagnóstica que se practique durante a túa hospitalización.
● Calquera proba ou tratamento experimental que non fose ratificado por parte das axencias españolas de avaliación de tecnoloxías sanitarias.
- Cales son as coberturas?
- Como se usa o seguro.
Respondemos as cuestións que son diferentes respecto do seguro de baixa laboral. As demais serían iguais.
- Teño que pagar previamente pola hospitalización ou polas probas?
Deberás abonar todos os gastos ao centro correspondente. Despois, enviándonos a túa factura abonarémosche o 90% deses gastos integramente, unha vez deducida a franquía. E sempre ata o máximo fixado. Para a modalidade Complet, avisándonos con tempo para poder realizar a xestión, podemos remitirche a un dos nosos centros recomendados, correndo deste xeito con todos os gastos e así ti só terías que restituírnos posteriormente o importe da franquía.
- Teño que pagar previamente pola hospitalización ou polas probas?
- Que é?
- Sobre a área de cliente
- Que podo facer desde a área de cliente?
A túa área de cliente está pensada para que realices facilmente as xestións dos teus seguros contratados e, no caso de necesitalo, os sinistros. Ademais, poderás editar os teus datos persoais, comunicarte co teu xestor ou descubrir promocións especiais para ti.
- Onde podo descargar os meus recibos?
No apartado de «Os teus seguros» encontrarás unha ligazón para descargar os recibos que se xerasen. Estarán separados por cada tipo de seguro que teñas contratado.
- Como recupero/cambio o meu contrasinal?
Se non lembras o teu contrasinal, cando vaias entrar na túa área de cliente, preme na ligazón “non lembro o meu contrasinal”.
- Como podo abrir un sinistro?
Na pantalla principal da túa área de cliente encontrarás unha ligazón directa para abrir un sinistro. Tamén existe unha área dedicada aos sinistros, onde poderás ver o teu histórico de sinistros e o estado de cada un deles. Nesa área encontrarás un botón para abrir un novo sinistro.
- Que podo facer desde a área de cliente?
- Sobre Previsión Mallorquina
- Que é Previsión Mallorquina?
Somos unha aseguradora fundada en 1969 como La Previsión Mallorquina de Seguros, S. A., que estamos inscritos no Rexistro Administrativo de Entidades Aseguradoras da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (http://www.dgsfp.mineco.es/), dependente do Ministerio de Economía, coa clave C-279
- Que é Previsión Mallorquina?