Cando sucede o inesperado, esperas a mellor cobertura

Seguro de doenzas graves

Recibe unha prestación por cada día que esteas de baixa por algunha das doenzas graves que che detallamos.

Infarto de miocardio

Cancro ou neoplasia maligna

Insuficiencia renal crónica irreversible

Transplante de órganos vitais

Esclerose múltiple

Cirurxía de arterias coronarias

Accidentes vasculares cerebrais

Párkinson

Queimaduras graves de terceiro grao

Substitución de válvulas cardíacas

Que é o seguro de doenzas graves?

Na saúde, mais sobre todo na doenza

Os nosos preto de 50 anos de experiencia axúdannos a saber que os imprevistos, grandes e pequenos, acontecen. Non nos gusta, pero pasa. Por iso creamos o noso seguro de doenzas graves, para que en situacións realmente difíciles esteas cuberto.

Así, se estás de baixa laboral por algunha das dez doenzas graves do noso cadro, recibirás unha prestación económica diaria en función da contía contratada.

Este seguro, aínda que o pode contratar calquera persoa entre 16 e 60 anos, está especialmente pensado para autónomos e profesionais, dado que tamén se pode complementar coa cobertura de incapacidade temporal por accidente, pero sobre todo executivos de alta dirección, que a longa duración destas baixas provoca que se reduzan de forma importante os seus ingresos.

Por iso, o noso seguro ofrece a posibilidade de fixar ata 400 €/día a contía que recibes. A máis alta do mercado.

Por que escoller o seguro de doenzas graves

Indemnización diaria

Cando tes unha doenza grave, precisas dun seguro que estea á altura. Por iso che aseguramos unha prestación por cada día de baixa (incapacidade laboral temporal total) a causa dalgunha das doenzas graves que che indicamos. Esta indemnización págase con base aos días de baixa, e para iso téñense en conta todos os días, laborais ou non.

Beneficios fiscais

Se es autónomo ou profesional e contratas o noso seguro de doenzas graves poderás deducir, ata 500 € como máximo, os gastos que che xere. Esta dedución só está dispoñible se tributas por traballador por conta propia en réxime de rendementos profesionais en estimación directa.

seguro para trabajadores autónomos

Flexible

seguro para trabajadores autónomos

Ti decides canto queres recibir por día de baixa. Poderáspersonalizar esa cantidade ata un máximo de 400 €, cifra que variará segundo a túa profesión e se es traballador por conta allea ou propia.

Cando a situación é realmente difícil


Recibe unha prestación económica orixinada por algunha das doenzas catalogadas como graves. Poderás personalizar a cantidade diaria ata 400 €/día.


Podes contratalo sen necesidade de realizar un recoñecemento médico. Simplemente terás que completar un breve cuestionario médico.


Somos expertos en seguros para autónomos, pero entendemos que o noso seguro de doenzas graves lle pode interesar a calquera persoa que non queira ver diminuídos os seus ingresos. Se tes entre 16 e 60 anos, podes contratalo.


Desde unha aldea perdida da pampa Arxentina ata unha urbe como Pequín. Non importa onde xurda a túa incapacidade. Se non podes traballar, cubrímoste.


Recibe á túa prestación por cada día natural que esteas de baixa, ata un máximo de 365 días. Se non podes traballar, precisas que alguén te apoie.


Pedirémosche que, cando che diagnostiquen a doenza por primeira vez, contratases o teu seguro polo menos 2 meses antes. Unha carencia case mínima tendo en conta a gravidade das doenzas.

Como funciona

Seguro de enfermedades graves Previsión Mallorquina

Escolle o teu seguro

Enche o noso formulario de contacto e indicándonos que seguro che interesa, neste caso doenzas graves.

Recibe toda a información

Chamámoste ou enviámosche por correo electrónico toda a información acerca do seguro que queres contratar. Así poderás lelo con tranquilidade.

Contrata o teu seguro

Enviámosche por correo electrónico toda a documentación para que a enchas, a asines e nola envíes de volta.

Comunícanos a túa baixa

Se sofres unha doenza grave, basta con que nolo comuniques antes de que pasen 7 días. Despois envíasnos desde o móbil unha foto do parte de baixa e xestionamos o teu expediente.

Recibe a túa indemnización

Por cada día natural que esteas de baixa pagámosche unha indemnización. Ao recibirmos a túa alta, envíasnos unha foto e, se está todo en orde, recibirás o diñeiro que che corresponde. Se a baixa é moi longa podes pedir anticipos.

Opinións sobre o seguro de doenzas graves