Porque sabemos que significa perder unha garda

O noso seguro para médicos

Seguro para médicos Previsión Mallorquina

Recibe unha prestación por cada garda médica que non poidas facer por estar de baixa laboral.

Ser especialista é coñecer os nosos clientes. Descubre os seguros para médicos

Gústanos saber que precisas e ofrecerche unha solución. Así nace o noso seguro de gardas médicas. Un produto pensado especialmente para médicos hospitalarios, quer do ámbito público, quer do privado.

E é que, cando es médico e estás de baixa, só recibes a prestación correspondente ao teu salario, sen ter en conta as gardas, e, sinceramente, non é o mesmo.

Por iso, se estás de baixa, quer por doenza, quer por accidente, con este seguro recibirás unha indemnización por cada garda que che correspondese, pero que non puideses facer.

Ademais, como é flexible, poderás elixir a cantidade que vas recibir, así como o tipo de garda que queres cubrir. E é totalmente compatible coas coberturas da Seguridade Social en todos os réximes e con outros seguros

Por que elixir o seguro de gardas médicas

Pensado para médicos

Un produto tan especializado como a túa profesión. Está pensado para médicos hospitalarios que traballan quer na sanidade pública, quer na privada. Se estás de baixa por doenza ou accidente, e estás incapacitado temporalmente para realizar a túa quenda de garda, recibirás unha indemnización. Poderás contratalo ata os 54 anos, aínda que poderás permanecer no seguro ata os 60.

Beneficios fiscais

Ao contratares o noso seguro para médicos, no caso de ser autónomo, poderás deducir o gasto ata un máximo 500 €. Lembra que poderás acollerte a esta dedución só se tributas por traballador por conta propia en réxime de rendementos profesionais en estimación directa.

seguros de baja laboral para trabajadores por cuenta ajena

Flexible

seguros de baja laboral para trabajadores por cuenta ajena

Elixe canto queres cobrar por cada garda que non poidas facer ao estares de baixa, sempre ata un máximo de 240 €. Ademais, poderás seleccionar que tipo de gardas queres cubrir: a tempo completo, a tempo parcial, presenciais ou localizables.

Características do seguro para médicos


A túa baixa laboral pode deberse a un accidente ou a unha doenza. Non facemos diferenzas, en calquera dos casos entraría dentro deste seguro.


Queremos que esteas realmente cuberto cando precises do teu seguro. Así que non nos limitamos a asegurarche un par de gardas; ao contratares o teu seguro indemnizámosche ata 8 gardas ao mes.


A contratación deste seguro é compatible coas coberturas da Seguridade Social (do réxime xeral e réxime especial de traballadores autónomos), e con outros seguros.


Para contratalo non precisas ningún recoñecemento, tan só encher un pequeno cuestionario de saúde.


Non precisas levar ningún tempo mínimo asegurado connosco. Se te pos doente ao día seguinte de contratar, tes o mesmo dereito á túa indemnización.


Pedimos que a baixa sexa polo menos de 3 días para poder indemnizar a túa quenda. Así evitamos calquera tipo de fraude.

Como funciona o seguro para médicos

Seguro para médicos Previsión Mallorquina

Escolle o teu seguro

Completa o formulario de contacto que preparamos para o seguro de gardas médicas, ou chama ao noso teléfono de información gratuíto.

Recibe toda a información

Enviámosche un correo con toda a información do seguro ou, se o prefires, chamámoste para contarcho. Así poderás lelo con tranquilidade.

Contrata o teu seguro

Recibirás por correo electrónico toda a documentación para enchela, asinala e enviala de volta.

Xestionamos o teu sinistro

Se non podes facer a túa garda por estares de baixa, envíanos por correo electrónico o certificado de ausencia de garda que che expedirán no centro hospitalario, así como o parte de baixa.

Recibe a túa indemnización

Por cada garda que non poidas facer, recibirás unha indemnización en función da cantidade asegurada e do tipo de garda que seleccionaches cubrir.