Porque a túa economía non espera pola túa saúde

Seguro de baixa laboral para autónomos e profesionais

Se te pos doente ou tes un accidente, pagámosche por cada día que non poidas traballar.

Tranquilidade


Recibe 1000 €/MES

33 € por cada día de baixa

desde 30 €/MES

Top


Recibe 1500 €/MES

50 € por cada día de baixa

desde 45 €/MES

Prémium


Recibe 2000 €/MES

67 € por cada día de baixa

desde 60 €/MES

O seguro de baixa laboral para que só te preocupes do importante: a túa saúde

O noso seguro de baixa laboral para autónomos e profesionais está especialmente deseñado para que non te preocupes pola túa economía en canto esteas de baixa médica.

E é que, se tes un accidente, sexa ou non de traballo, ou unha doenza de calquera tipo, e che impiden temporalmente traballar, recibirás unha prestación por cada día de baixa.

Ademais, como é un seguro flexible, poderás personalizar a cantidade que queres recibir por cada día, ou se queres engadir unha franquía, para axustar máis o prezo.

Descubre un dos seguros por baixa laboral máis completos do mercado. Porque en Previsión Mallorquina pensamos que un bo seguro é aquel que non se agacha tras a letra pequena cando máis o precisas.

Por que o noso seguro de baixa laboral

seguro para trabajadores autónomos

Pensado para autónomos

seguro para trabajadores autónomos

Como especialistas en autónomos sabemos que cada día sen traballar é un problema. Por iso deseñamos un produto á medida das túas necesidades. Se exerces unha profesión liberal ou es autónomo, este é o teu seguro.

Coberturas amplias

Cobertura total

Coberturas amplias

Sen peros nin sorpresas. Ofrecémosche un seguro completo, porque queremos estar cando máis o precisas. Así que non importa se a túa baixa é por mor dun accidente de traballo, un accidente non laboral, unha doenza profesional ou unha doenza común. Se che impide traballar, nós cubrímoste.

Beneficios fiscais

Coa contratación do teu seguro, se es autónomo ou profesional liberal poderás deducilo como gastos da túa actividade económica, ata un máximo de 500 € por persoa. Iso si, só se o teu sistema de tributación en IRPF é de traballador por conta propia en réxime de tributación por rendementos profesionais en estimación directa.

seguros de baja laboral para trabajadores por cuenta ajena

Flexibilidade

seguros de baja laboral para trabajadores por cuenta ajena

Como non hai dous autónomos iguais, tampouco podemos ofrecer a mesma solución para todos. Recomendámosche as que mellor se adaptan a ti, pero sempre poderás personalizar a túa elixindo a cantidade que queres percibir diariamente ata un máximo de 400 € diarios, ou se queres engadir ou non franquía.

Descubre canto vas cobrar co noso simulador de baixa laboral

Se es autónomo, seguro que a palabra «lea» se instalou na túa vida. Por iso, para facercha un pouco máis doada, deseñamos un simulador de baixa laboral. Así, se te pos de baixa e non queres perder ingresos, axudarémosche a calcular a cantidade que precisas cubrir.

O seguro de baixa laboral para autónomos con todo o que lle pides a un gran seguro


Elixe a prestación diaria que queres recibir. Podes cubrir ata 400 € diarios.


Para contratar o teu seguro, non necesitas un recoñecemento médico previo; basta con encher un breve cuestionario de saúde.


Non importa se traballas en Dubai, en Madrid ou nunha pequena aldea da serra. O noso seguro ten cobertura mundial.


Sempre que non existan antes de contratar o seguro, a baixa laboral inclúe cobertura en patoloxías das costas, visuais, auditivas e dentais.


Pagámosche por cada día de baixa, sen importar que sexa laborable ou non. Se non podes traballar recibes a túa indemnización.


A indemnización percibirala toda xunta no final; se o proceso é longo, poderás percibila mediante anticipos.


Cubrímoste desde o momento no cal asinas o teu seguro. Por razóns obvias, isto non se aplica no caso de embarazo, parto e posparto; aquí pedimos que leves 12 meses connosco.


Se a túa baixa laboral está causada por practicar de forma non profesional algún deporte, tamén o cubrimos.

Como funcionan os seguros de baixa laboral

Máis fácil, máis rápido, máis preto

O seguro que precisas está en Previsión Mallorquina

María é unha arquitecta que vive en Valencia. Ela está preocupada polo que poida pasar se se pon de baixa. Despois de consultar con algúns compañeiros de profesión decide entrar na nosa web.

seguro baja laboral autónomos

Contrata o teu seguro

A María quere un seguro de baixa laboral. En menos dun minuto, logo de responder a tres preguntas, obtén varias propostas. Aínda que pode personalizalas, elixe unha delas.

Despois completa un formulario e, se todo está en orde, recibe a documentación do seguro no seu correo electrónico para asinala dixitalmente. Asínase a través dun código PIN que recibe no seu móbil. Así de doado.

Comunícanos a túa baixa

Xogando un partido de pádel, María sofre unha torcedura do pulso. Logo de acudir ao seu médico, dálle unha baixa que a incapacita totalmente para a súa profesión.

María chega á casa e comunícanos o que lle pasou, mediante o correo electrónico ou cunha simple chamada. Debe faceloantes de que pasen 7 días.

Despois faille unha foto ao seu parte de baixa, ou aos relatorios médicos se os houbese, e envíanolos por correo electrónico ou sóbeos á súa área de cliente. Listo, xa abrimos o seu expediente e valoraremos a súa baixa.

Recibe a túa indemnización

Finalmente, María estivo 15 días de baixa. Asegurara un importe diario de 50 €, así que cobrará unha indemnización de 750 €

15 días de baixa x 50 € seguro = 750 € indemnización

Para que fagamos o pagamento deberá enviarnos unha foto do parte de alta ou engadila á súa área de cliente e, se cumpre con todos os requisitos, recibirá o seu diñeiro mediante transferencia ou cheque.

Se a baixa fose de longa duración, María podería pedir anticipos, para facerlle fronte á falta de ingresos.

Séntete arroupado

María nunca estará soa durante todo o proceso, dado que faremos un acompañamento personalizado durante toda a súa baixa. Mediante chamadas telefónicas ou visitas periódicas valoraremos a evolución da súa saúde.

Ademais, o nosoServizo de Atención ao Cliente resolverá todas as dúbidas de María, así como as súas reclamacións.

Opinións de autónomos coma ti