Contigo de principio a fin
Un seguro que garante a cobertura dos gastos do servizo fúnebre.
Asistencia 365 días/24 horas
Flexibilidade de coberturas contratable
Asesoramento e xestión de sucesións
Sen recoñecemento médico previo
Nacemos como unha aseguradora de decesos, alá por 1941, e, aínda que hoxe estamos máis diversificados, seguimos mantendo a nosa esencia. Por iso o noso seguro de decesos é un dos máis completos e cun servizo á altura e á delicadeza que esixen as circunstancias.
Este seguro está dirixido ás persoas que non queren deixarlles preocupacións aos seus queridos no momento da súa defunción. Con el garántese o servizo fúnebre, e evítase que os teus familiares non teñan que preocuparse por nada nun momento emocional complicado. En caso de que non se puidese prestar o servizo funerario, reembolsamos os gastos ocasionados polo servizo alternativo.
Ademais, o seguro contempla unha asistencia 365 días, 24 horas, cun seguimento personalizado do caso e da prestación dos servizos.
Sabemos que neste tipo de seguros o tratamento humano é un factor fundamental. Non é un trago fácil. Por iso arroupámoste en todo o proceso da prestación do servizo e solventamos calquera incidencia. Todo para que ninguén teña preocupacións.
Non che esiximos contratar o seguro con antelación para poder ter dereito á prestación, agás casos moi concretos. E é que, polas características deste produto, poderás contratalo só ata os 70 anos.
Dámosche a opción de que poidas agrupar as mensualidades do teu seguro. Ti decides como queres pagar: cada trimestre, cada semestre ou unha soa vez ao ano.
Temos unha liña de atención persoal dispoñible os 365 días do ano as 24 horas do día. Un servizo personalizado que está listo en calquera momento.
Non esiximos ningún recoñecemento médico antes de contratar. Basta con que completes un sinxelo cuestionario de saúde.
O noso servizo de enterro estándar ofréceche diferentes modalidades en función das diversas coberturas que vaias contratar.
O custo do seguro calcúlase con base nunha tarifa mensual, que se vai renovando de forma progresiva segundo os tramos de idade, e que nivela o valor da prima.
No caso de que haxa que tramitar algunha sucesión, prestarémosche un asesoramento completo e encargámonos de todas as xestións.

Enche o noso formulario de contacto para a contratación do seguro de decesos, ou chama ao noso teléfono de información gratuíto.
Recibirás no teu correo electrónico toda a información do seguro, desta forma poderás ler con tranquilidade todos os puntos. Ou se o prefires chamámoste para contarcho.
Enviarémosche por correo electrónico toda a documentación para que a enchas, a asines e nola envíes de volta.
En caso de defunción, para executar a prestación do seguro deberase chamar ao teléfono que aparece na póliza e nós encargámonos de todo. Este teléfono está dispoñible 24 horas 365 días: 656 869 974