Un seguro extraordinario para xente extraordinaria
Recibe unha prestación en canto esteas hospitalizado e durante todo o período de baixa por convalecencia.
Sen carencia en caso de accidente
Sen recoñecemento médico
Á túa medida
Cobertura por doenza ou accidente
Cando tes que ingresar nun hospital; é unha situación difícil; se es autónomo, moito máis. Sabemos que non poderás traballar ata que te recuperes ao 100 %, e que os ingresos nese período son moi baixos ou nulos. Por iso preparamos o seguro de hospitalización e baixa por convalecencia, que che garante uns ingresos en todo o teu tratamento. O seguro actívase cando ingresas no hospital e mantén as súas prestacións en canto dura a baixa laboral durante o período de convalecencia. Un seguro exclusivo para autónomos entre os 16 e 65 anos.
Ademais, como é un seguro flexible, ti decides canto che gustaría cobrar cada día de hospitalización e de convalecencia, ata un límite máximo.
E non importa se a túa hospitalización é por accidente ou por doenza. Se teñen que ingresarte por máis de 24 horas, por cada día ininterrompido de hospitalización cobrarás unha prestación. Ademais, cando saias do hospital, continuarás recibindo a túa prestación durante o período de convalecencia ata que te recuperes. Esta cobertura exténdese ata 365 días, sumando os días que esteas no hospital e os que esteas de recuperación.
Preocúpate só do importante. Se ingresas nun hospital por un período de máis de 24 horas, recibirás unha indemnización por cada día ininterrompido que esteas ingresado. Pero non só iso: unha vez saias que do hospital seguirás recibindo a túa indemnización durante todo o período de convalecencia. A cantidade que recibirás dependerá do que asegurases.
Sabemos que entrar no hospital non é un trago agradable, por iso queremos cubrirte en todos os casos. Non facemos diferenza entre ingresar por accidente, laboral ou non, ou por unha doenza. Se tes que ser hospitalizado nun centro sanitario (centro médico, clínica ou hospital), o teu seguro actuará.
Os nosos seguros pensan en ti e no teu peto. Por iso, se contratas o noso seguro de hospitalización e convalecencia poderás deducir os gastos xerados, ata un máximo de 500 € por persoa. Para poder ter dereito a esta dedución o teu sistema de tributación no IRPF debe ser por traballador por conta propia en réxime de tributación por rendementos profesionais en estimación directa.
Só ti sabes exactamente o que precisas. Con este seguro poderás elixir a cantidade que queres recibir por cada día do proceso, sempre ata un máximo de 100 €/día. Ademais podes determinar se queres recibir prestacións extras ao ingresar na UCI ou se te operan.
Para contratalo non precisarás dun recoñecemento médico previo, con que enchas un breve cuestionario de saúde bástanos.
Entre o período de hospitalización e o de convalecencia, cubrimos ata 365 días. Todo un ano para recuperarte. Non está mal, certo?
Ser especialistas en autónomos obríganos a pensarmos solucións únicas para vós. Se tes entre 16 e 65 anos e es autónomo, podes contratalo.
En caso de hospitalización por accidentes non esiximos que leves un tempo connosco. Se te ingresan por unha doenza, para evitar fraudes, pedirémosche que contratases o teu seguro polo menos 3 meses antes.
Recibe a túa prestación por cada día de ingreso ou convalecencia, independentemente de se o día é laborable ou non. Ti non traballas, nós cubrímoste.
Como engadido ao teu seguro, podes elixir a opción de UCI. Así, cada día que esteas internado nunha Unidade de Coidados Intensivos, ata un máximo de 20 días, recibirás un complemento adicional do seguro.
Cando a cosa se pon fea, aquí estamos. Elixe unha indemnización única en caso de que te operen. Para calculala baseámonos na táboa de indemnizacións e na cantidade asegurada. Por exemplo, se a túa cobertura é de 6000 € e te operan dunha hernia discal (marcado na táboa como 0,250) cobrarías 6000 * 0,250 = 1500 €.

Utiliza o noso formulario de contacto indicando o seguro que che interesa, neste caso, seguro de hospitalización Plus IT.
Enviámosche toda a información por correo electrónico ou chamámoste, como prefiras.
Enviarémosche toda a documentación necesaria ao teu correo para que a enchas, a asines e nola envíes de volta.
Se ingresas nun hospital, comunícanolo antes de que pasen 7 días e nós encargámonos de xestionar o teu expediente.
Por cada día natural que esteas hospitalizado ou de convalecencia, pagámosche unha indemnización. Bastaranos con que nos envíes unha foto do teu ingreso hospitalario, da túa baixa laboral e da túa alta. Se todo está en regra recibirás o diñeiro que che corresponde.
Usa o noso formulario de contacto indicando o seguro que che interesa, neste caso seguro de hospitalización Plus IT.
Enviámosche toda a información por correo electrónico ou chamámoste, como prefiras. Tamén poderás descubrir toda a información a medida que completes o proceso de tarificación.
Enche toda a documentación que che enviemos ao teu correo, asínaa e envíanola de volta.