Seguros de baixa laboral

48 0

Seguros de Baixa laboral

Seguro de baixa laboral por incapacidade temporal derivada de enfermidade ou de accidente
logo elite gl
Elite-pm profesional é un seguro de incapacidade temporal total, comunmente coñecido como seguro de baixa laboral. O seu obxecto é restablecer os ingresos económicos dos profesionais que desenvolven unha actividade por conta propia (autónomos, profesións liberais, freelance) despois de padecer unha alteración no seu estado de saúde, motivada por unha enfermidade ou por un accidente, que lles impida desempeñar a devandita actividade de forma total e temporal. É o seguro de baixa laboral máis completo do mercado.
btn calcula contrata glver maissolicitar mas informacion

Seguro de baixa laboral por incapacidade temporal derivada de enfermidade ou de accidente
logo enfermidades gl
Enfermidades graves-pm é un seguro de incapacidade temporal total específico que dá cobertura a 10 procesos determinados como enfermidades graves (infarto do miocardio, cancro ou neoplasma maligno, insuficiencia renal crónica irreversible, transplante de órganos vitais (agás células ou tecidos), esclerose múltiple, cirurxía das arterias coronarias, accidentes vasculares cerebrais, Párkinson, queimaduras graves de 3º grao e substitución de válvulas cardíacas). Está dentro do mesmo grupo que os seguros de baixa laboral e o seu obxecto é restablecer os ingresos económicos dos profesionais que desenvolven unha actividade por conta propia (autónomos, profesionais liberais, freelance), naqueles procesos de enfermidade cuxa duración e gravidade poden supoñer un prexuízo económico importante. Este seguro de baixa laboral tamén está dispoñible para traballadores por conta allea. Se se complementa coa cobertura de accidentes, só poderá ser contratado polos traballadores por conta propia.
btn calcula contrata glver maissolicitar mas informacion

Seguros de gardas médicas

Seguro de baixa laboral por perda de quenda de garda médica
logo gardas gl
Gardas médicas-pm é un seguro de baixa laboral por perda de quenda de garda médica, especialmente pensado para facultativos con traballo dependente, que desenvolven a súa actividade en centros hospitalarios, públicos ou privados, con ingresos complementarios procedentes de xornadas laborais extraordinarias (quendas de garda médica).
ver maissolicitar mas informacion