Os nosos seguros

14 0

Seguros de Baixa laboral

Seguro de baixa laboral por incapacidade temporal derivada de enfermidade ou de accidente
logo elite gl
Elite-pm profesional é un seguro de incapacidade temporal total, comunmente coñecido como seguro de baixa laboral. O seu obxecto é restablecer os ingresos económicos dos profesionais que desenvolven unha actividade por conta propia (autónomos, profesións liberais, freelance) despois de padecer unha alteración no seu estado de saúde, motivada por unha enfermidade ou por un accidente, que lles impida desempeñar a devandita actividade de forma total e temporal. É o seguro de baixa laboral máis completo do mercado.
btn calcula contrata glver maissolicitar mas informacion

Seguro de baixa laboral por incapacidade temporal derivada de enfermidade ou de accidente
logo enfermidades gl
Enfermidades graves-pm é un seguro de incapacidade temporal total específico que dá cobertura a 10 procesos determinados como enfermidades graves (infarto do miocardio, cancro ou neoplasma maligno, insuficiencia renal crónica irreversible, transplante de órganos vitais (agás células ou tecidos), esclerose múltiple, cirurxía das arterias coronarias, accidentes vasculares cerebrais, Párkinson, queimaduras graves de 3º grao e substitución de válvulas cardíacas). Está dentro do mesmo grupo que os seguros de baixa laboral e o seu obxecto é restablecer os ingresos económicos dos profesionais que desenvolven unha actividade por conta propia (autónomos, profesionais liberais, freelance), naqueles procesos de enfermidade cuxa duración e gravidade poden supoñer un prexuízo económico importante. Este seguro de baixa laboral tamén está dispoñible para traballadores por conta allea. Se se complementa coa cobertura de accidentes, só poderá ser contratado polos traballadores por conta propia.
btn calcula contrata glver maissolicitar mas informacion

Seguros de Hospitalización

Seguro de indemnización diaria por hospitalización
logo hospitalizacion integral
Hospitalización-pm é un seguro de indemnización diaria por hospitalización superior a 24 horas nun centro hospitalario ou clínica. Aínda que hoxe en día gran parte dos ingresos hospitalarios sexan practicamente ambulatorios cunha mínima permanencia hospitalaria, son moitos os procesos de enfermidade e os accidentes que requiren hospitalizacións de duración máis longa. Esta situación supón un importante ir e vir familiar e un gasto económico extraordinario. Este seguro de hospitalización restablece o equilibrio económico causado por esta situación e pode ser contratado por calquera persoa.
btn calcula contrata glver maissolicitar mas informacion

Seguro de indemnización diaria por hospitalización por baixa laboral
logo hospitalizacion plus baja laboral
Hospitalización-plus IT é un seguro de indemnización diaria por unha hospitalización superior a 24 horas nun centro hospitalario ou clínica. Aínda que hoxe en día gran parte dos ingresos hospitalarios sexan practicamente ambulatorios cunha mínima permanencia hospitalaria, son moitos os procesos de enfermidade e os accidentes que requiren hospitalizacións de duración máis longa. Esta situación supón un importante ir e vir familiar e un gasto económico extraordinario. Este seguro de hospitalización restablece o equilibrio económico causado por esta situación e pode ser contratado por calquera persoa.
btn calcula contrata glver maissolicitar mas informacion

Seguro de indemnización diaria por Hospitalización por accidente
logo hospitalizacion accidente
Hospitalización-pm Accidente é un seguro de indemnización diaria por unha hospitalización superior a 24 horas nun centro hospitalario ou nunha clínica derivada dunha lesión accidental. Unha lesión accidental é aquela lesión corporal traumática derivada dunha causa violenta súbita, externa e allea á intencionalidade do asegurado. Este seguro específico que restablece o equilibrio económico despois dunha hospitalización por accidente diríxese a calquera persoa.
btn calcula contrata glver maissolicitar mas informacion

Seguros de Reembolso de gastos

Seguro de reembolso de gastos
logo gastos
RGH-pm IV é un seguro de reembolso de gastos hospitalarios orientado a calquera persoa que desexe un seguro de reembolso libre, con cobertura mundial e adaptable ás súas posibilidades económicas. É o mellor complemento da asistencia sanitaria pública.
ver maissolicitar mas informacion

RGH-pm “plus complet” é un seguro de reembolso de gastos pola realización de probas diagnósticas complementarias extrahospitalarias e dos propios gastos hospitalarios ocasionados nunha intervención cirúrxica. Este seguro leva incluído un paquete de servizos de saúde (a través da tarxeta CS24 SALUD de Canal Salud 24, S.L.) nunhas condicións económicas moi vantaxosas para aquelas persoas que contraten o seguro de reembolso. Este seguro preséntase como unha alternativa a outros seguros de saúde do mercado. Dirixido a todos os públicos.
ver maissolicitar mas informacion

RGH-pm “plus” é un seguro de reembolso de gastos orientado a cubrir exclusivamente o reembolso dos gastos causados pola realización de probas diagnósticas extrahospitalarias. Este seguro leva incluído un paquete de servizos de saúde (a través da tarxeta CS24 SALUD de Canal Salud 24, S.L.) nunhas condicións económicas moi vantaxosas para aquelas persoas que contraten o seguro de reembolso. Este seguro preséntase como unha alternativa a outros seguros de saúde do mercado. Dirixido a todos os públicos.

ver maissolicitar mas informacion

Seguros de Decesos

Seguro de decesos
logo decesos
Decesos-pm é un seguro de enterro que vai dirixido a todas as persoas e familias que desexen vivir a súa vida coa tranquilidade de dispoñer da asistencia persoal necesaria para que, no momento da súa defunción, coñecedores do factor emocional que implica o dó, os seus seres queridos conten co servizo fúnebre que lles supoña a menor preocupación posible.
ver maissolicitar mas informacion

Seguros de gardas médicas

Seguro de baixa laboral por perda de quenda de garda médica
logo gardas gl
Gardas médicas-pm é un seguro de baixa laboral por perda de quenda de garda médica, especialmente pensado para facultativos con traballo dependente, que desenvolven a súa actividade en centros hospitalarios, públicos ou privados, con ingresos complementarios procedentes de xornadas laborais extraordinarias (quendas de garda médica).
ver maissolicitar mas informacion