NORMATIVA LEGAL

93 0

1. RESPONSABLE DO TRATAMENTO E DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS (DPO).
O responsable do tratamento dos Datos de Carácter Persoal que nos achegue a través do sitio web é LA PREVISIÓN MALLORQUINA DE SEGUROS, S. A. (no sucesivo, «PREVISIÓN MALLORQUINA»), con domicilio en calle Aribau 168-170, entresuelo 1.ª (08036 Barcelona). Vde. pode contactar co noso delegado de Protección de Datos (DPO) no seguinte enderezo: calle Aribau 168-170, entresuelo 1.ª (08036 Barcelona), ou no enderezo electrónico sac@previsionmallorquina.com.
2. CON QUE FINALIDADE TRATARÁ LA PREVISIÓN MALLORQUINA DE SEGUROS OS DATOS PERSOAIS DO USUARIO E DURANTE CANTO TEMPO?
Os datos persoais obtidos por PREVISIÓN MALLORQUINA por medio da solicitude de subscrición dun contrato de seguro serán tratados para as seguintes finalidades:
− Xestionar o trámite da súa solicitude de subscrición do contrato de seguro con PREVISIÓN MALLORQUINA.
− Proporlle a prima adecuada ás súas necesidades de acordo con criterios estatísticos e actuariais.
− Mantelo informado por correo postal, correo electrónico ou teléfono, en canto solicitante dunha póliza de seguros, sobre os produtos e servizos de PREVISIÓN MALLORQUINA de natureza similar a aqueles Vde. contratou.
− O cumprimento das obrigas legais establecidas na normativa á cal PREVISIÓN MALLORQUINA se encontra suxeita por razón da súa actividade.
Os seus datos persoais serán conservados por PREVISIÓN MALLORQUINA durante un prazo de 5 anos para o cumprimento das súas obrigas respecto das administración públicas e para a súa defensa perante accións xudiciais. Transcorridos os prazos de prescrición legal, PREVISIÓN MALLORQUINA tornará os seus anónimos ou ben destruiraos.
3. QUE DATOS DO USUARIO TRATARÁ LA PREVISIÓN MALLORQUINA DE SEGUROS?
PREVISIÓN MALLORQUINA tratará as seguintes categorías de datos de carácter persoal:
− Datos do solicitante de seguro, do tomador, do asegurado, e datos de terceiros, ben sexan familiares beneficiarios ou terceiros prexudicados, así como os seus habentes-dereito.
− Todos os datos identificadores, bancarios, sanitarios e todos aqueles datos facilitados polo solicitante para a subscrición do contrato de seguro.
4. CAL É A LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO DOS DATOS DO USUARIO?
PREVISIÓN MALLORQUINA pode tratar os seus persoais con base nos seguintes contextos:
− Aplicación de medidas precontractuais con relación ao contrato de seguro: para xestionar o trámite da solicitude subscrición do contrato de seguro e proporlle a prima adecuada ás súas necesidades de acordo con criterios estatísticos e actuariais.
− O interese lexítimo de PREVISIÓN MALLORQUINA para a prevención da fraude na selección de risco e na xestión de sinistros.
− O interese lexítimo de PREVISIÓN MALLORQUINA para mantelo informado, como solicitante, por correo postal, correo electrónico ou teléfono, sobre os produtos e servizos de PREVISIÓN MALLORQUINA de natureza similar aos cales Vde. solicitou e para encher enquisas de satisfacción. En calquera caso, Vde. poderá oporse a seguir recibindo información comercial en calquera momento, comunicándollo ao delegado de Protección de Datos (DPO) nos enderezos ao inicio indicados.
− O cumprimento das obrigas legais ás cales PREVISIÓN MALLORQUINA se encontra suxeita por razón da súa actividade.
5. CANDO E POR QUE MOTIVO PODEMOS FACILITARLLES OS SEUS DATOS A TERCEIROS?
Ditos datos persoais poden comunicarse entre PREVISIÓN MALLORQUINA e os profesionais que lle presten os seus servizos a esta coa finalidade de cumprir, desenvolver, controlar e executar o contrato de seguro.
Así mesmo, os seus datos seranlles comunicados ás autoridades e órganos xudiciais cando dita comunicación estivese baseada nunha reclamación. De igual modo, os seus datos seranlles comunicados ás administracións públicas e ás autoridades de supervisión ás cales PREVISIÓN MALLORQUINA deba subministrarlles dita información en virtude das obrigas legais derivadas da súa actividade.
PREVISIÓN MALLORQUINA non necesita realizar transferencias internacionais dos seus datos a países que non dispoñen de normativa equivalente á europea («terceiros países»). No caso de que PREVISIÓN MALLORQUINA precisase de contratar os servizos de provedores localizados en terceiros países para o tratamento dos seus datos, dita contratación realizaríase previo cumprimento de todos os requisitos establecidos pola normativa de protección de datos, e aplicando as garantías e salvagardas necesarias para preservar a súa privacidade.
6. EXERCICIO DE DEREITOS.
6.1. Vde. pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade, limitación ou oposición ao tratamento, a través dos enderezos postal e electrónico indicados. 6.2. Poderá reclamar perante a Axencia Española de Protección de Datos, a través da súa sede electrónica, ou do seguinte enderezo postal, calle Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, cando Vde. considere que PREVISIÓN MALLORQUINA vulnerou os seus dereitos que lle son recoñecidos pola normativa aplicable en Protección de Datos. 6.3. Sen prexuízo do anterior, o interesado poderá pórse en contacto co delegado de Protección de Datos de PREVISIÓN MALLORQUINA cuxos datos de contacto se indicaron no primeiro apartado.